AntarticLab CSIC

O CSIC en Galicia en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Universidades e o apoio tecnolóxico de MARINE INSTRUMENTS, convoca o certame Antartic-Lab CSIC, dirixido a estudantes de Formación Profesional para o deseño de proxectos e ensaios innovadores que poidan ser postos en funcionamento nas inmediacións da Base Antártica Española Juan Carlos I (BAE).

O certame busca achegar ao alumnado de Formación Profesional á exploración oceánica e á investigación polar, pór en valor as súas capacidades e potenciar a súa creatividade mediante o desenvolvemento de instrumentos de medida e dispositivos innovadores ou o deseño de ensaios e experimentos.

  • O prazo para a recepción de propostas estará aberto entre o 3 de outubro de 2022 e o 15 de febreiro de 2023.
  • Os proxectos finalistas contarán cunha axuda económica para o seu desenvolvemento e deseño (1000€ para prototipos e 600€ para ensaios).
  • Os prototipos e ensaios gañadores viaxarán á BAE a bordo do Buque Oceanográfico Sarmiento de Gamboa onde serán instalados polo persoal CSIC durante a campaña 2023-24.
Bases del Concurso Antartic_Lab

INTRODUCCIÓN

Antarticlab CSIC é un certame de ideas innovadoras en instrumentación e ensaios científicos, dirixido a estudantes de Formación Profesional, organizado polo Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC) en Galicia, coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e o apoio tecnolóxico de MARINE INSTRUMENTS.

A iniciativa xira en torno á exploración e o descubrimento do continente antártico, no marco da proclamación por parte da UNESCO do «Decenio das Ciencias Oceánicas para o Desenvolvemento Sostible 2021-2030».

O certame representa unha oportunidade para dar visibilidade e pór en valor as capacidades do alumnado da Formación Profesional mediante o desenvolvemento de instrumentos ou o deseño de ensaios ou experimentos, en base á formación recibida. Os proxectos gañadores serán instalados e pastos en funcionamento nas inmediacións da Base Antártica Española (BAE).

OBXETIVOS

  • Poñer en valor as capacidades da Formación Profesional.
  • Ofrecer ao alumnado a oportunidade de pór en práctica os coñecementos adquiridos a través do desenvolvemento dun prototipo ou do deseño dun experimento
  • Fomentar colaboracións e encontros formativos no marco da Formación Profesional, con empresas do sector tecnológixo.
  • Difundir as ideas e proxectos resultantes, para cercar a exploración oceánica e a investigación polar á sociedade.
  • Estimular o interese pola tecnoloxía nos Ciclos Formativos.
  • Fomentar a cultura científica na sociedade.

TEMA

O certame busca fomentar a imaxinación e a creatividade entre o alumnado de Formación Profesional para promover o desenvolvemento de instrumentos de medida ou dispositivos innovadores e sostibles, que poidan ser pastos en funcionamento na Base Antártica Española (BAE). Tamén se poderán presentar deseños experimentais ou ensaios sinxelos para desenvolver na Antártida.

Haberá dúas categorías:

a) Outdoor: instrumentos de medida para a observación do entorno ou deseños experimentais que permitan determinar o efecto do medio en materiais e/ou estruturas.

b) lndoor: dispositivos ou experimentos destinados a monitorizar condicións e/ou sistemas vitais das instalacións ou interactuar co persoal da base, co fin de mellorar e aumentar o grao de sostibilidade e habitabilidade da mesma.

CRITERIOS DE SELECCIÓN

O Xurado estará formado por persoal do CSIC, da Consellería de Cultura, Educación e Universidade e de MARINE INSTRUMENTS. Poderase completar se así o considera o Xurado, con persoal docente, profesionais do ámbito tecnolóxico e científico, etc.

Valoraranse as ideas innovadoras no desenvolvemento e obxecto do instrumento ou ensaio, por exemplo:

  • Sinxeleza no deseño e na construcion/ensamblaxe das estruturas.
  • Que sexa sostenible, autónomo e resista as condiciones ambientais.
  • Que presente unha solución escalable para se fose o caso, ampliar nun futuro o seu alcance e distribución en distintos puntos da base.
  • Que busque ofrecer solucións a problemas ambientais ou de conservacion.

A proposta debe ser novidosa e poderá desenvolverse en calquera área científico-técnica. Os prototipos e os materiais dos ensaios deberanse poder transportar, nun embalaxe con tódolos seus elementos, cun tamaño máximo de 1 x 1 x 0.5 m.

PARTICIPACIÓN E MODALIDADES

A participación está aberta a docentes e alumnado matriculado en Galicia, en Ciclos Formativos durante o ano académico 2022/2023.

Poderase participar en dúas modalidades: individual ou en equipo (5 estudantes como máximo), para cada unha das dúas categorías (Outdoor & lndoor). En ambas modalidades é necesaria a implicación dun/ha docente en calidade de titar/a, para que dirixa e guíe aos estudantes no desenvolvemento do prototipo ou no deseño do ensaio. Un/ha mesmo/a docente pode ser titar/a de varias propostas.

Se a participación é en equipo, recoméndase nomear a unha alumna ou alumno para que actúe como portavoz do proxecto.

PRESENTACIÓN DE PROPOSTAS

FASE O: Os centros interesados en participar terán ata o 30 de setembro para apuntarse ao certame.

FASE 1: Desenvolverase a idea por escrito, con toda a documentación complementaria que se considere necesaria para facilitar a súa valoración.

Para cada un dos proxectos ou propostas presentadas, é necesario o envío da seguinte documentación ao correo electrónico ucc.galicia@csic.es, sinalando no asunto, o nome do centro educativo remitente e, especificando no carpo, o nome do docente ao cargo (máximo 9 megabytes):

  • Formulario de inscrición.
  • Memoria do proxecto. Extensión máxima de 8 folios (Times New Roman, 12 puntos, letra 1,5 espaciado).

Os recursos complementarios (planos, esquemas, vídeos, pósters, etc.) axuntaranse nun correo aparte indicando igualmente no asunto e no carpo, o centro de ensino/titor responsable.

O prazo de recepción de proxectos durante esta primeira fase estará aberto desde o 3 de outubro de 2022 ata o 15 de febreiro, ambos inclusive.

De tódalas propostas presentadas o Xurado seleccionará 12 finalistas que se farán públicos o 1 de marzo de 2023.

FASE II: Os 12 proxectos finalistas terán de prazo para construír o prototipo ou desenvolver o deseño experimental, ata o 15 de xuño de 2023.

Haberá unha axuda económica para o desenvolvemento das propostas finalistas:

1000 € para prototipos (materiaís para construción dos pilotos, funxibles, etc).

600 € para os ensaios (materiaís para facer o deseño experimental, guía de apoio, etc).

A empresa MARINE INSTRUMENTS, dedicada ao desenvolvemento de equipos electrónicos para condicións mariñas, dará apoio tecnolóxico aos proxectos seleccionados en aspectos relacionados coa comunicación por satélite, electrónica, impresión 3D, etc. Os encontros terán lugar nas instalacións da empresa no Parque Empresarial Porto do Molle.

FASE III: As propostas xa rematadas deberán presentarse nun acto público o 1 de xullo 2023. Nel os estudantes presentarán o seu proxecto aos asistentes e aos membros do Xurado que seleccionará as 4 propostas gañadoras, unha por cada categoría e modalidade.

O certame cubrirá os gastos de desprazamento ao evento dos proxectos finalistas, incluído o aloxamento se fose necesario, sempre que sexa dentro da comunidade autónoma galega.

Os 12 proxectos finalistas serán expostos. O alumnado e o docente implicados recibirán:

  • Lote de materiaís promocionais do certamen (suadoiro, conca, etc.).
  • Diploma acreditativo a titulo individual.
  • 1 lote de libros do CSIC para os centros de ensino finalistas.

Os autores e autoras dos proxectos non premiados recibirán un diploma de participación, se así o solicitan.

O Xurado resérvase o dereito de modificar as datas das distintas fases por motivos de organización ou causas de forza maior.

PREMIADOS

ENVÍO E POSTA EN MARCHA DAS PROPOSTAS GAÑADORAS

As 4 propostas gañadoras serán enviadas ao rematar a fase final do certame á BAE Juan Carlos I a bordo do BO Sarmiento de Gamboa para a campaña 2023-24.

Os prototipos e/ou materiais dos ensaios deberán ser entregados nas oficinas da UTM en Vigo, embalados cos seus correspondentes manuais de instalación, posta en funcionamento, operación e mantemento, así como tódolos elementos de reposto ou ferramentas especificas que se requiran. No caso de deseños experimentais, haberá que incluír instrucións, protocolos, recambios, cadro de toma de datos e todo o que fose necesario en función do ensaio.

Dirección de envío:
CERTAME ANTARTICLAB CSIC
UNIDAD DE TECNOLOGIA MARINA- CSIC.
Avd. Beiramar 29. 36202 VIGO. Pontevedra.

O persoal do CSIC poderá manter contacto coas iniciativas gañadoras para informarlles do funcionamento dos prototipos/deseños experimentais na Antártida e, se fose o caso, facerlles chegar os datos recollidos.

Os proxectos gañadores e finalistas poderán ser expostos o tempo que a organización considere necesario, co obxecto de dar visibilidade á iniciativa e aos proxectos seleccionados.

AUTORÍA

A presentación ao certame e a aceptación das súas bases implica:

  • A declaración por parte dos participantes da orixinalidade dos proxectos. A garantía de ser os lexítimos titulares dos devanditos proxectos e de non vulnerar os dereitos de propiedade intelectual ou industrial de terceiros.
  • O CSIC, a Consellería de Cultura, Educación e Universidade, MARINE INSTRUMENTS e o resto dos organizadores exímense de calquera responsabilidade que puidese derivarse no caso de que o/os autor/es presente/n obras sen contar coas debidas autorizacións daqueles terceiros cuxos dereitos puidesen verse afectados, así como polo uso indebido e ilícito que calquera terceiro poida realizar das obras difundidas.
  • O certame e as iniciativas gañadoras promocionaranse a través de Internet, redes sociais ou outros medios que a organización considere.
    Ata o momento da selección dos finalistas, tanto os proxectos como a identidade dos seus autores permanecerán baixo a máis absoluta confidencialidade na Sede Atlántica da UTM.

DEREITOS DE PROPIEDADE INDUSTRIAL E INTELECTUAL

A participación neste certame implica a cesión gratuíta ao CSIC, á Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a MARINE INSTRUMENTS da posibilidade de reproducir, distribuír ou comunicar publicamente os proxectos premiados a revistas, xornais ou outros medios de difusión para as súas actividades de divulgación, tanto no ámbito nacional como internacional. Non obstante, ante resultados potencialmente protexibles mediante calquera título de propiedade industrial seguirase a premisa de primeiro protexer e logo publicar.

Se o proxecto non fose premiado o seu autor poderá, tras a publicación da resolución, negar a difusión do seu traballo aos organizadores.

O CSIC ou á Consellería de Cultura, Educación e Universidade ou MARINE INSTRUMENTS, poderán expor de acordo cos autores premiados, o desenvolvemento posterior dos seus proxectos nas súas instalacións e coa súa colaboración.

No caso de que no marco destes desenvolvementos posteriores xurdise un resultado protexible mediante un título de propiedade industrial ou intelectual, o CSIC e/ou MARINE INSTRUMENTS, terían o dereito, pero non a obrigación, de protexelo senda o CSIC, e/ou MARINE INSTRUMENTS, os únicos titulares do mesmo (regulándose a través dun contrato de co-titularidade), respectando a todos os participantes dos mesmos o dereito para ser recoñecidos como autores intelectuais e inventores dos mesmos.

Os participantes comprométense a firmar un documento de cesión de dereitos e confidencialidade a favor do CSIC e de MARINE INSTRUMENTS.

Todos os títulos de propiedade industrial ou propiedade intelectual ou secretos empresariais que se puidesen solicitar se inscribirán ao nome do CSIC e/ou de MARINE INSTRUMENTS ou de quen estes designen. Os participantes obríganse á firma de todos os documentos necesarios para a solicitude e tramitación, nacional ou internacional, durante toda a vixencia destes títulos.

Como contraprestación, o CSIC e/ou MARINE INSTRUMENTS correrón con tódolos gastos de avaliación, solicitude, tramitación, extensión internacional e mantemento nos lugares onde se desexe obter a protección do resultado de investigación. Ademais, os participantes terán os mesmos dereitos a participar nos beneficios pola explotación comercial do resultado de investigación que lle puidera corresponder a calquera das persoas membros do CSIC ou MARINE INSTRUMENTS en proporción á súa aportación na obtención do mesmo de acordo á norma establecida no CSIC.

Os participantes, en todo caso, figurarán como autores ou inventores nos tí­tulos de protección ou secretos empresariais que se soliciten dos resultados de investigación en cuxa obtención tivesen intervido.

Todos os trámites para a protección e comercialización dos devanditos resultados levaríanse a cabo baixo as normas e procedementos establecidos polos CSIC.

ACEPTACIÓN DAS BASES

O feíto de participar neste certame supón a plena aceptación das bases da convocatoria e a conformidade total coas decisións que tomen tanto o Xurado como a Organización.

No caso de incumprir os requisitos incluídos nestas bases, a presentación do proxecto non se considerará válida.

O Xurado resérvase o dereito de declarar desertos os premios, de seleccionar a máis de 12 finalistas ou premiar a máis de 4 proxectos.

Información e contacto:
ucc.galicia@csic.es / 981552788

Descargar Bases del certamen AntarticLab CSIC