O Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) continúa con iniciativas divulgativas sobre I+D+i no marco da Semana da Ciencia 2020. Estes días están promovidas pola Unidade de Cultura Científica da Delegación Institucional do CSIC en Galicia e desenvólvense no marco do proxecto educativo Faro da Escola, de Faro de Vigo no que o CSIC participa desde fai tres anos, e da Feira das Industrisias Culturais (CULTURGAL), organizada pola Asociación CULTURGAL e na que o CSIC participa desde o ano 2012.

“A primeira iniciativa enmarcase no proxecto educativo Faro da Escola, e conta co financiamento da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía-Ministerio de Ciencia e Innovación ( FECYT), Consistiu no deseño do xogo » Síguelle a pista ao CSIC», que será entregado estes días nos centros escolares que forman parte deste proxecto. O xogo ten a forma dun panel de tamaño A2 cunha ilustración do artista Fernando Ruibal e as pistas dos 25 elementos que están agochados na ilustración, e que o alumnado ten que atopar. Todos están relacionados coas liñas de investigación que levan a cabo nos centros de investigación e as unidades de apoio tecnolóxico que o CSIC ten en Galicia”, explica Luisa Martínez Lorenzo, responsable da UCC do CSIC en Galicia.

“O panel está deseñado para ocupar espazos comúns (corredores, biblioteca, sala de usos múltiples, patios cubertos…) dos centros escolares adscritos a Faro da Escola co obxectivo de que sexa o propio alumnado, de maneira voluntaria, o que se achegue a el para buscar os elementos. Un saco de sementes, unha gravadora, unha caixa con documentos da Galicia Medieval, unha mostra de chan, unha lupa binocular… son algúns exemplos dos obxectos escondidos», engade.

En CULTURGAL, que terá lugar de forma semipresencial durante esta fin de semana, o CSIC participa coas “Pílulas CSIC Express”, coas que se dará visibilidade a parte das “Píldoras CSIC de Conocimiento” postas en marcha pola UCC durante el confinaiento, coa participación de Carlos Godoy e nas que se abordaron algunhas das liñas de investigación que se desenvolven no CSIC en Galicia.

As pílulas manteñen a filosofía de outras actividades da UCC do CSIC en Galicia de divulgar a ciencia en clave de humor, con contidos adaptados e rigorosos. Neste caso as pezas queren recrear a filosofía e a estética do programa dos anos 80, “Musical Express”. En cada unha delas Carlos Godoy interpretará un tema relacionado con diferentes ámbitos de traballo do CSIC en Galicia. Os títulos das pezas son: “Movementos Orbitais”, “Estamos a Tempo”, “Os solos”, “Metais Pesados” e “Foliada Polar CSIC”. Emitiranse durante na xornada do 29 de novembro na plataforma do CULTURGAL, a través nos espazos Foro, Escena e Libro.