Obra de teatro científico “Que traballo tan curioso!”
 

A peza está dirixida ao alumnado de infantil e primaria, así como ao público familiar, e ten unha duración aproximada dunha hora. Durante a representación mostrarase ao público a importancia que ten a ciencia na nosa vida cotiá. Os diálogos, animados e ocurrentes, transmiten hábitos de hixiene saudables, con contidos científicos rigorosos pero adaptados, que buscan sorprender aos asistentes. O obxectivo desta actividade é poñer en valor a investigación, dando visibilidade á muller na ciencia e ao traballo do persoal científico e técnico.

Máis información no correo electrónico: ucc.galicia@csic.es