Se celebrará o 13 de decembro na Cidade da Cultura de Galicia (Santiago de Compostela). Neste caso invitarase á Asemblea a persoas e entidades externas co dobre obxectivo de ofrecer unha visión integrada do alcance do Programa e dos principais resultados que estamos a acadar, así como de escoitar a novos actores e identificar oportunidades de colaboración.

O Programa de Ciencias Mariñas de Galicia está dotado con 10 millóns de euros, 6 millóns achegados polo Ministerio de Ciencia e Innovación mediante os Fondos do Programa Next Generation EU, e 4 millóns da Consellería do Mar, Xunta de Galicia, a través do Fondo Europeo Marítimo, da Pesca e da Acuicultura (Fempa).

A súa finalidade é transformar e mellorar a resiliencia da Galicia do mar, coordinando e impulsando a labor de investigación, desenvolvemento tecnolóxico e o diálogo entre o sector científico e de innovación e a sociedade galega. Esta dirección estratéxica céntrase na ciencia mariña e busca fomentar a colaboración entre a comunidade investigadora galega e os axentes sociais, económicos e institucionais vinculados ao mar.

Coordinado polo IIM-CSIC, Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación CETMAR, e do Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo (CIM), o Programa conta coa participación do Centro de Investigacións Mariñas (CIMA), Instituto Galego de Formación Acuícola (IGAFA), MeteoGalicia, o Instituto Español de Oceanografía (IEO-CSIC), o Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia (INTECMAR), o Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), a Universidade de Santiago de Compostela (USC) e a Universidade da Coruña (UdC).

Xunto a Galicia, as comunidades de Andalucía, Cantabria, Comunitat Valenciá, Canarias, Illes Balears e Murcia, tamén participan no desenvolvemento do Programa nacional de Ciencias Mariñas–ThinkInAzul no marco dos Planes Complementarios de I+D+i coas Comunidades Autónomas, que forma parte do Programa de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Estado.