Dentro das actividades da Semana da Ciencia 2022 organizadas pola  UCC do CSIC en Galicia e coa participación do IEO, mañá, mércores 30 de novembro, levarase a cabo a actividade “MERENDAS (CON) CIENTÍFICAS MARIÑAS”, con, Marta Álvarez (Centro Oceanográfico de Vigo do IEO- CSIC ) Luisa Martínez (UCC CSIC Galicia). Conta co financiamento do CSIC –  Ministerio de Ciencia e Innovación.

Consistirá nunha sesión distendida na que se falará de ciencia mariña, de campañas oceanográficas, da singularidade das rías galegas e da necesidade de coñecer e preservar os mares e océanos.

Terá lugar no barrio de Teis (Vigo) en colaboración co “Plan Comunitario de Teis”, creado en 1995 como acción coordinada ante unha problemática común -a marxinalidade e a conflitividade social- para achegar á á sociedade un mecanismo de vertebración, cohesión e estructuración social.

A actividade está dirixida ás persoas que forman parte do Plan Comunitario de Teis. Participarán mulleres migrantes veciñas do Barrio incluídas no proxecto de desenvolvemento persoal” Non hai fronteiras!”,  e menores de 6-14 anos en situación de risco que reciben apoio pedagóxico e lúdico-social a través do proxecto Guindastres. Recibirán un exemplar do libro Oceánicas (IEO CSIC) de agasallo, e farase unha doazón de libros de divulgación das coleccións do CSIC Divulga, para a biblioteca do centro.