O CSIC en Galicia, no marco do programa Ciudad Ciencia, co Consello da Cultura Galega e o Concello de Nigrán, organizan a xornada “As Xentes do Mar”, que terá lugar o sábado 25 de xuño ás 20.00 horas na Lonxa de Padrón (Nigrán).
Hoxe tivo lugar a presentación que contou coas intervencións da responsable de UCC do CSIC en Galicia, Luisa Martínez Lorenzo; da presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez; e o alcalde de Nigrán, Juan González.
A xornada, que estará moderada pola responsable da UCC do CSIC en Galicia, contará coas seguintes intervencións:
- Laura López, peixeira xubilada do Concello de Nigrán
- Rogelio Santos Queiruga, mariñeiro, influencer e defensor da sustentabilidade da pesca
- Luisa Iglesias García, Técnica Superior de actividades técnicas e profesionais. Grupo de Pesquerías do Centro Nacional IEO-CSIC de Vigo
O obxectivo é fomentar o debate sobre temas como a sostenibilidad, a conservación da biodiversidade ou a aparición de especies invasoras, a través da traxectoria profesional das persoas convidadas que dedicaron ou dedican a súa vida ao traballo no mar.