Participación no sistema de ciencia e tecnoloxía de Galicia

O Campus do Mar obtivo en 2010 a cualificación de Campus de Excelencia Internacional. Está liderado pola Universidade de Vigo. Ten como promotores as universidades de Santiago de Compostela e da Coruña, o Consello Superior de Investigacións Científicas e o Instituto Español de Oceanografía. É un campus transfronteirizo que conta, ademais, coas universidades portuguesas de Aveiro, Minho, Porto, Coimbra e Trás-os-Montes e Alto Douro, os institutos politécnicos de Leiria, O Porto e Viana do Castelo o que, xunto coas plataformas e centros tecnolóxicos, agrega os axentes investigadores e socioeconómicos da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal relacionados co ámbito mariño.

En canto á participación do CSIC, en 2010 a institución asinou un convenio coa Universidade de Vigo de acordo co cal a institución se compromete á súa plena colaboración a través do Instituto de Investigacións Mariñas, da sede Atlántica da Unidade de Tecnoloxía Mariña e da súa frota oceanográfica.

O Campus Vida obtuvo en 2009 la calificación de Campus de Excelencia Internacional. Está liderado pola Universidade de Santiago de Compostela. Conta coa participación das universidades da Coruña e Vigo, a colaboración do sistema sanitario de Galicia e a integración de socios públicos e privados estratéxicos, entre os que se atopa o Consello Superior de Investigacións Científicas.

Promove un novo modelo de organización da investigación baseado na colaboración estable entre a investigación pública, o sector sanitario e a contorna empresarial biotecnolóxica para, a partir da excelencia científica, actuar como un vector de crecemento económico e social.

A participación do CSIC no Campus Vida articúlase a través de asignacións temporais de persoal investigador no Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CIMUS) e o Centro de Investigación en Química Biolóxica e Materiais (CIQUS), así como da participación nas súas comisións reitoras.