Centro Tecnolóxico do Mar

O Centro Tecnolóxico do Mar (CETMAR) é unha fundación de interese galego, con sede en Vigo, que nace no ano 2001 por iniciativa da Consellería do Mar, a Dirección Xeral de I+D+i da Xunta de Galicia e o Ministerio de Ciencia e Innovación O seu obxectivo é a mellora do medio mariño, os seus recursos e todos os sectores que viven del, fomentando a innovación e a sustentabilidade ambiental, social e económica. Desenvolve a súa actividade nos ámbitos local, nacional, europeo e internacional.

O Consello Superior de Investigacións Científicas é membro do seu padroado desde a súa creación, está presente na toma de decisións e colabora na posta en marcha e execución de proxectos de investigación de diversa índole relacionados co medio mariño e os sectores que dependen del.