O Centro Nacional de Investigación sobre a Evolución Humana (CENIEH) organiza unha campaña anual de recollida de dentes de leite de nenos e nenas para fins científicos que abarcan desde o estudo da evolución humana ata análises forenses e odontolóxicas.

A campaña, que se desenvolve ininterrompidamente desde 2014, enmárcase no proxecto “Colección Rato Pérez”, iniciativa do grupo Antropoloxía Dental do CENIEH e da súa UCC. A colección xa abarca máis de 3.000 pezas.

En Galicia o CSIC, a través da súa UCC (Delegación Institucional), participa na campaña. A recollida levarase a cabo o sábado 26 de novembro no CULTURGAL (Pontevedra) de  12.00 a 13.30 horas e de 16:30 a 18.30 horas no Carriño do CSIC. Tódolos participantes recibirán un diploma e un obsequio pola súa participación.